Katya

miércoles, 1 de febrero de 2012

Héroes do Orzán

Grazas, Rodrigo Maseda, Xosé Antonio Villamar, Xavier López, por ese paso adiante, máis aló do que a vosa labor de policías os obrigaba a dar! E grazas, Adrián Doce, por unirte a eles no intento de salvar a un descoñecido imprudente. Grazas pola vosa heroicidade.
Aínda que ninguén está obrigado a poñer en grave risco a súa vida para intentar salvar a doutro, todos temos o deber moral de axudar a quen está en perigo. Sen embargo, ese deber moral poucas veces o poñemos en práctica. O habitual é a covardía, o medo e o egoísmo disfrazados de prudencia: non intervir, ollar para outro lado, pensar que non é labor nosa, ou mesmo decidir, como neste caso, que o outro buscou pola man a súa desgraza. Iso é o comportamento habitual, e por iso o mundo é como é. Por fortuna hai xente coma vós, Rodrigo, Xosé Antonio, Xavier e Adrián, e grazas a vós e ao voso exemplo de solidariedade, o mundo pode ser un lugar habitable e non unha selva onde impera a lei do máis forte e de sálvese quen poida. Vós contrapesades coa vosa xenerosidade, co voso heroísmo, a nosa covardía e o noso medo. Sodes o mellor que dá de si a humanidade.
Penso nas vosas nais, nas vosas familias, póñome no seu lugar e lamento no máis fondo do corazón que tres de vós pagásedes coa vida o voso xesto heroico. Só podo dicirvos chorando: ¡Grazas!, ¡bendita sexa a nai que vos pariu!

2 comentarios:

  1. Katia soy adrian doce gracias por poner todo lo que as puesto es precioso,claro que Siempre abra alguien que quiera dar hasta su vida cuando estamos en peligro,yo casi la doy,y estoy orgullosisimo por lo que hice y porsupuesto más con mis héroes que dios los tenga en lo más altoooo,gracias.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a tí por hacer este comentario tan bonito...tú participaste en el rescate?.o en otro , dá igual?......sí es así, me alegra que seas un héroe más como estos policias que murieron, y tuvieron la mala fortuna de morir...Tú puedes dar gracias a la vida por esto tan maravilloso que hiciste....todo mí cariño y amor para tí....no se quién eres , pero ers fantástico...Un beso muy grande!!!!

    ResponderEliminar